domingo, 17 de febrero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... ÁNGELA





Ola Ángela, cales son as túas sensacións cando practicas sendeirismo?

Ben, é unha cousa que me encanta. Sempre me gustou ir polo monte, pola praia. Reláxame moito. Todo bo aínda que o día estea malo, chuvioso.

Que decidiuche a primeira vez que realizaches unha ruta?

Eu levaba moito tempo desexando apuntarme a unha excursión e vina apuntada nun cartel.

Cando era pequena cos meus pais sempre iamos polo campo. Logo cambiou a vida e quería encontrar xente que lle gustase.


Fálanos de Galicia

Para min é moi bonita. Vou coñecendo cada vez máis sitios. A raíz de ir cos senderistas coñecín o seu interior e todo é bonito.

É raro encontrar un sitio que digas: Non me gusta nada.


Cóntanos a túa experiencia senderista máis especial?

O que máis me gustou foi cando se fixo a homenaxe a Marcelino. Aínda que non tiven moita relación con el, pero foi moi emotiva. Tamén me gusto a zona de Ortegal.



Como mellorarías as nosas rutas de sendeirismo?

Gústame tal e como están. Din: "é moi cansa (a ruta) ", "se chove non imos". Pero a min gústame a aventura. Non me importa perderme.


En que lugar do mundo che gustaría realizar sendeirismo e por que?

¡ ¡ Puffffff!!! Bo iso xa... Calquera lugar. A Canadá, polos lagos de Rusia,…Hay moitos sitios e non teño predilección. Sen ir máis lonxe: os Pireneos. En España ten que haber moitos sitios bonitos.


Cres que o sendeirismo mellora a túa vida?

Home, pois si. Francamente si. En todos os aspectos, desconectas da rutina, pensas en ver os compañeiros, andar, facer exercicios, xa con iso mellora xa.


Gustaríache practicar algunha outra actividade co Club Deportivo Amodiño?

Mira, o tema é que non dispoño de moito tempo. Gustaríame pero unha vez ao mes está ben.


Augúraslle un bo porvir ao sendeirismo como deporte para todas as idades?

Eu penso que si e debería apuntarse máis xente nova. Como aquela nena que foi o outro día, máis contacto coa natureza, máis bichos. Cada vez menos xente vive no campo e cada vez hai menos conexión co mundo rural. Meter un neno no centro comercial é unha barbaridade.


Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo Amodiño?

Que vaia cada vez máis xente, e, ben, que o maior número de persoas puidese colaborar dunha ou outra forma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario