domingo, 28 de julio de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... MARINA

Ola Marina, que opinas sobre o sendeirismo?
Un fermoso xeito de descubrir cantos da nosa terra e de compartir tempo e experiencias.


Recordas algunha Ruta especial?
Sempre hai unhas rutas que che gustan máis que outras, pero todas son especiais porque son diferentes. Se teño que elixir algunha, pois aquelas primeiras nas que nos acompañaban os nosos fillos cando eran pequenos.

Suxires algunha idea ao Club Deportivo Amodiño?
Unha suxestión: Estaría ben facer a ruta algunha vez un sábado en vez do domingo, por exemplo.


Describe en 5 palabras sendeirismo.
Liberdade, Natureza, Compartir, Evasión, Xenerosidade.


Recordas algunha ruta que signifique algo especial para ti?
Recordo con moito cariño aquela na que lle fixemos unha modesta homenaxe a Marcelino, recordo a Nieves, e a ti tamén, e a todos emocionados recordándoo, chorando e logo rindo e bailando. Tal e como é a vida...

Gustaríate realizar unha ruta nun lugar onde nunca estiveches e por que?
Dende logo que si, hai moitos lugares que non coñezo e que me parecen moi atractivos para facer sendeirismo. Por exemplo, en Asturias, no País Vasco, no Pireneo Catalán...

Recordas a túa primeira ruta? Nos a contas?
Sinceramente, non a recordo, hai máis de once anos. O que si recordo é que me custou decidirme e unha vez que fixen a primeira xa me "enganchou" para sempre.

Por que seguiches realizando sendeirismo?
Porque andar ao aire libre e en plena natureza é algo intrínseco, esencial en min, eu crieime nunha aldea e para o meu iso é a Vida. Ademais estou casada cun home para o que o sendeirismo é sinónimo de felicidade co que pouco máis podo dicir.... Jajaja.

Agora que coñeces lugares recónditos, cres que se coida suficientemente o campo galego?
Non, aínda nos queda moito que aprender, nese sentido doutros países, e mesmo en España doutras comunidades que saben apreciar e coidar máis o que teñen. Por exemplo, o País Vasco.

Por último, que esperas do futuro do Club Deportivo Amodiño?
Espero e Desexo Longa Vida e moitos éxitos a este Club e a toda a boa xente que o fai posible.

RUTA XIII: BAIXO MIÑO - TAMUXE - CAMINHA