sábado, 9 de noviembre de 2013

PUBLICIDAD CONCESIÓN SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA ANO 2013




Ola a TODOS,

Achegámosvos este enlace porque queremos facervos partícipes da subvención concedida pola Deputación da Coruña.

Como sabedes trátase dunha axuda importante que nos vai permitir a compra dun ordenador portátil coa súa bolsa protectora máis uns Walky Talkies necesarios para establecer comunicación garantida entre a cabeza e a cola das nosas excursións senderistas, tamén queremos comezar a dotar de equipamento de xogos tradicionais ao noso club co fin de organizar actividades que contribúan ao recordo dos xogos dos nosos maiores e ao descubrimento de xogos descoñecidos para os nosos pequenos.

Temos que realizar a compra antes de fin de ano por un valor de 859,20 €. Nuns meses a Deputación da Coruña, unha vez estea conforme coa xustificación dos gastos, aboará na nosa conta 601,27 €.


Para nós é un compromiso moi importante recibir diñeiro público e o noso empeño é que toda a Comunidade que abrangue o ClubDeportivo Amodiño sexa coñecedora e comparta coa xunta directiva a responsabilidade do bo uso e desfrute, conforme aos fins e obxectivos declarados nos nosos estatutos e asembleas xerais, duns fondos achegados por todos os cidadáns.







viernes, 8 de noviembre de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... JOSÉ CALVIÑO

Ola Jose, Por que che presta tanto a comida ao aire libre?

Porque todo está máis rico ao aire libre e despois de camiñar sempre hai máis fame



Que é o que che impulsa a formar parte dunha xunta directiva que fomenta o sendeirismo?


Un pouquiño máis de implicación.


Por que cres que ten tanto éxito camiñar?

Porque é san, coñeces sitios e pásase ben.

Que é o que máis che gusta dunha ruta?

COMER cando remata a ruta.

Que pensas das persoas sedentarias?

Pois non penso nada, ao que non lle gusta camiñar... Y ao mellor hai xente que quere vir e non pode... Y eles pensarán o mesmo de nós: Para que imos camiñar ao monte?

Cal foi a túa primeira ruta de sendeirismo?

Non me acordo. Hai máis de 30 anos que empecei a ir polo monte.

Que opinas das rutas de dous días?

Que están ben, fomentan máis a convivencia entre os senderistas.

Fálanos do sentir senderista

O sentir senderista, o sentir senderista... Paso palabra, agora mesmo dígocho.

Cres que o sendeirismo chama ao amor?

Si, no meu caso á Parella e á Natureza.

Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Grandes cousas, pero confórmome se seguimos como ata agora.

viernes, 1 de noviembre de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... TERE


Ola Tere, Acórdaste da primeira vez que fixeches sendeirismo?
Si, foi hai moito, moito tempo. Non nacera Guillermo e xa gozabamos do sendeirismo polas montañas de León.
Que suxíreche a palabra sendeirismo?
Natureza, compañeirismo, se o que facemos nós é sendeirismo..., porque compartimos non soamente camiñar senón moitas máis cousas.

Tes algún cariño especial por algunha ruta?
Gústanme todas, especialmente as de montaña, cousa que facemos pouco.

Como cres que se trata ao medio en Galicia?
Mal, bastante mal...


Por que cres que ao teu fillo Guille lle gusta tanto o sendeirismo?
Porque o mamou dende pequeno, mesmo antes de nacer. A súa primeira ruta foi polas Covas de Valporquero (só dous meses) na súa mochilita pequena.
Se tiveses 10 anos máis, imaxínaste... onde? 

Ufffff!!. Non o sei, espero seguir facendo rutas con Amodiño.


No teu caso, Cres que é fundamental compartir este gusto pola Natureza e os sendeiros coa túa parella?
Si, nós os dous empezamos as camiñadas en parella e despois en grupo.

Fálanos do que queiras sobre sendeirismo
Madrugar o domingo sen importarme, camiñar, rir e pasalo ben.

Que é o que máis te amola nunha ruta?
Nada, veño a gozar.


Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo Amodiño?
Que siga así e que todos cooperemos para que non cambie o seu espírito.