martes, 22 de enero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON XULIO DE MONTE ALTO





Ola Xulio, queríamos saber qué significa para ti a palabra sendeirismo?
É unha das palabras que máis me gusta do dicionario.

Sabemos que viaxaches moito e que estiveches en Uruguai. Dinos a que sitio nos levarías de sendeirismo e por qué?
Tanto a Brasil coma a Uruguai coma a Bos Aires. Ir camiñando ata Montevideo dende Atlántida que é un balneario. Son 20 km. por estrada.
A costa de Uruguai ten 28 km de costa que pasa pola beira do mar.

Como che gustan as excursións de sendeirismo?
Pola carballeira, polas fragas e polo monte, tamén como as cabras, aínda que haxa toxos.


Qué cres que lle faltan ás excursións de sendeirismo para ser perfectas?
Convosco nada. Non hai que modificar, estamos moi contentos.


Cómo mellorarías o mundo co sendeirismo?
Habería que meter moitos no cárcere. Iso é moi difícil: mellorar o mundo.



Por qué razón opinas que á xuventude e aos nenos non lles gusta o sendeirismo?
Ditosos ordenadores, as máquinas de xogar, Internet, TV, todo iso, todo, TODO.


Onde pensas que coidan mellor as rutas de sendeirismo? En que parte de España?
Do que coñecemos coidámolas todos. Hai xente que manda reciclar todo.
En león e Asturias ver unha lavadora... Pasa en todos os sitios, en Lugo...

Qué lle pedirías ao Concello da túa cidade para que potencie o sendeirismo?
Uuuuuh! Estamos en mala época. Moita tesoira, moito ladrón. Fan o que queren eles.


Qué ruta che gustaría moito que realice o Club Deportivo Amodiño?
Fragas do Eume, O río Arenteiro, a das Algas, terras de Avia....

Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?


Espero que sexa a gusto de todos, pero como somos xente bonita non hai ningún problema.

domingo, 20 de enero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON MARÍA HERMIDA





Ola María, dime, cales son as rutas de sendeirismo que recordas con máis cariño?


Eu creo que fomos unha vez a Valporquero, a Peñalba de santiago, que bonita! A provincia de León é moi bonita. E Ortigueira? Calquera das súas rutas... A SerraFaladoira. Xa vexo que estás a escribir, acórdaste dela? Gústame moito pola provincia de Lugo, polos Ancares e máis abaixo, polo Caurel.

Que se che ocorre para que a xente nova e aos nenos lles guste o sendeirismo?


Home, pois facer as rutas que non sexan moi duras, eu acórdome cando ían nenos, un ben pequeniño, ¡Guille!.., e o noso neto a Fraga de Vilapena.
E que conten contos e participen, e que nos ensinen a xogar aos maiores, xogos de esconderse, de adiviñar. Eles, se lles deixas que manden, gústalles máis. E se rifas algunha cousa que lles guste....

Hai que sacalos do cuarto, do ordenador e que vexan outras cousas de pasar o tempo.

Ir á escola e dicirlle os profesores que digan aos nenos que vaian a sendeirismo, que se aprende moito.


Que zona de España che gustaría coñecer practicando sendeirismo?


Navarra, fomos con Tarandeira. Agora teño outros anos e en Galicia, Asturias e León...

Ocórresete algunha actividade que nunca fixésemos e que che gustaría realizar?


Chéganos con camiñar, eh? Afeccionarse ás fotos: Non me acordaba desta ruta, que bonita foi! E logo pódeselles ensinar aos netos.



Se tiveses que formular un ano de rutas senderistas, que tipo recomendarías para cada mes?


Cando fai moito frío escaparía dos Ancares, non me gusta camiñar pola neve. En verán a algunha praia bonita, grande e próxima.

Cres que se poderían mellorar as rutas senderistas que fas connosco?


Sempre se pode mellorar, pero creo que somos bastante bos. Non hai que pensar só nos vellos que non poden máis. E hai que fomentar a aventura. Se eu vexo que é moi difícil quedo no coche. Así, como facedes ata agora, encántame!

Cal é a ruta que menos te gustou na túa vida e por que?


Tería que mirar papeis. Algunha habería de haber. Unha de Seceda a Seceda a pleno sol subindo e logo baixámola a pleno sol: a peor da miña vida.

Seguro que a moitos dos teus amigos e amigas non lles gusta o sendeirismo, dixéronte por que?
Son moi vagas e non se queren levantar e outros teñen os xeonllos mal.

Imaxínate que nos imos de sendeirismo, Que é o que máis rabia che dá?


Cando teño ganas de mexar e non teño water. Suar moito, cansarme.

Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?


Que non lles esquezamos, que veñades sempre a buscarnos a Salesianos e que para pagar sexa canto máis preto mellor.

sábado, 12 de enero de 2013

RUTA II: AS LAGOAS DE COSPEITO

domingo, 16 de decembro de 2012. 

Agora si, o autobús déixanos no inicio da ruta. É a segunda ruta oficial que realizamos en pleno mes de decembro. Ata organizamos unha comida senderista!

Nela, pasaron cousas como seguen:



I AGARIMO AMODIÑO
A Xunta Directiva do Club Deportivo Amodiño comprácese no recoñecemento ao senderista:

GUILLERMO LEDO LÓPEZ
Dende a mais tenra infancia demostrou o seu amor polos camiños, sendas, vereas, corredoiras e carreiros, o mar e a montaña, os animais, os vexetais e mais as estrelas do firmamento.

A súa nova e intrépida enerxía na busca da Vía Láctea reconforta ao espírito senderista do novo CLUB DEPORTIVO AMODIÑO.


   Jose    Mari    Juan    Lola     Manolo   Oscar


Como Guillermo está a estudar en Madrid, recollen o diploma Serafín e Teresa, os seus pais senderistas.


A continuación unha serie de fotos ilustrativas deste gran día de camiños, chuvias e lagoas.






















RUTA I DA NOSA ERA: ARREDOR DE CAMBRE

 domingo, 18 de novembro de 2012.



Unha vez decidido o nome Amodiño para o Club procedemos a preparar os estatutos, solicitar o Cif e abrir unha conta bancaria, mentres seguimos preparando as próximas rutas que ían decidir o novo devir do club. E pensamos que ao mesmo tempo se trataría da última ruta que organizariamos con coches particulares. A partir da ruta arredor de Cambre utilizaremos un bo autobús dunha boa empresa.

E somos xa 47 senderistas nesta ruta, 10 vehículos mobilizamos. Somos un grupo consolidado con moitas ganas de realizar máis rutas, somos senderistas de Amodiño.












A evolución das votacións do nome do novo Club Deportivo Amodiño

A evolución das votacións, en tres etapas, do nome do novo Club Deportivo Amodiño foi como segue:



Como resulta que dos últimos nomes a votar empataron CARREIROS e AMODIÑO, a xunta directiva é a encargada de desempatar e decidiuse este último nomes en función dos seguintes argumentos:

 Creo que Amodiño es el que mejor nos define. Vamos lentos, pero seguros. Llegaremos lejos, avanzaremos paso a paso, con seguridad sin levantar un pie mientras no tengamos el otro firmemente apoyado. Me evoca muchas cosas. Sobre todo confianza y seguridad. [Oscar, Tesoreiro do Club Deportivo Amodiño]

1. A súa definición (de amodo) no diccionario da RAE é: Pouco a pouco, a pouca velocidade, lentamente...
2. Palabra moi doce e con moitas acepcións:
  • Imos traballar amodiño, é dicir, con acougo, paseniño...
  • Anda amodiño, non vaias caer (moi axeitado aos nosos camiñantes)
  • Coidado co que falas, vai amodiño, non te aceleres.
3. Palabra que, escrita, se presta moi ben para dar a entender que temos que escribir despacio e con boa letra.
4. Se facemos as cousas amodiño, analizándoas ben, discutíndoas entre todos, teremos menos problemillas e remataremos antes.
5. En resumo, para min é, das tres finalistas ( amodiño, anduriñas e carreiros), a mellor para dar nome o novo club. [Lola, Secretaria do Club Deportivo Amodiño]



1ª XUNTA DIRECTIVA AMODIÑO


de ezquerda a dereita:

                Jose               Lola         Oscar           Manolo          Mari       Juan

AS ORIXES II: RUTA XALO-MEIRAMA

domingo, 21 de outubro de 2012.



Nesta nova ruta xa fomos 42 camiñantes, nos acercamos en coches particulares ás inmediacións da aldea de Meirama para iniciar unha ruta duns 8 Km. que se converteron en 18 Km. pola confusión co lugar de Castelo porque non era un, senón que eran tres Castelos moi próximos uns a outros. E aínda que preguntamos, cada vez afastámonos máis. Queriamos comer pronto porque era o día das eleccións, queriamos votar e realizamos unha ruta ao final desas de alguén a quen xa coñecemos que de cando en vez nos regala estas sorpresiñas no camiño.

Aproveitamos para nomear a nova Xunta directiva que polo menos durante un ano se encargaría de buscar a senda do novo club e, de paso, fundalo coas súas mellores consecuencias.




















AS ORIXES DO CLUB DEPORTIVO AMODIÑO : RUTA POLO RÍO SISALDE (ARTEIXO)

domingo, 30 de septembro de 2012.


25 incondicionais do sendeirismo quixeron comprobar as súas forzas para a fundación dun novo club. A decisión estaba tomada pero agora chegaba o momento de dar o paso. Nada mellor que gozar das vistas iniciadas dende a famosa praia de Barrañán pertencente ao Concello de Arteixo, próximo á cidade da Coruña. Foi un fantástico día no que se iniciou a recollida de chuvia de ideas para buscar un nome que definise o novo Club Deportivo:



SENDERISTAS UNIDOS                    SENDIAR    
SENDERISTAS EN ACCIÓN
SENDEGAIA     GAIASENDE     ConTERRAeMAR     TERRAMAR     TERRASENDEIRO                 SENDERUELA
                      ASOCIACIÓN DE SENDERISMO TERRABELLA
CORNOS E PEGAS              BUOS E PEIXES                    CARREIROS
CORREDOIRAS              SON DE CAMIÑO             OS MIL PÉS
ASOCIACIÓN 1000 PÉS            ANDANDO¡¡¡             AModiño
Asociación Tiramillas     ALGAIA     SapoConcho     Lubicán
Picafollas                          Lagarteiros         Peneiriño          Aturuxo  
Paseniño, Paseniño                     Nova Senda                 MexaToxos
Miratoxos                    Sendeiros do Noroeste.              Levadeira
           Levadeiras                 Roteiros Levadeiros              Correcamiños
Sendeiristas Insumisos                             Camiñantes Irmandiños
Andainas Tolas                  Andares Galegos                  Os Irreductibles
Dificultade Media     DIFICULTADE LEVADEIRA
CLUB DE SENDEIRISMO RAIOLA (CSR)
SENDEIRISMO RAIOLA             CAMIÑANTES
FACENDO CAMIÑOS                       XA FALTA MENOS
HUELLAS                                                         PISADAS VERDES
ZANCADAS LEVES                             GALICIA SENDERISTAS
PASIÑO A PASIÑO                  ANDARES GALLEGOS
ANDARELAS GALEGAS                   SENDEIROS LEVADEIROS
CAMIÑOS LEVADEIROS                 VIEIROS LEVADEIROS
VEREAS LEVADEIRAS.              ANDURIÑAS