martes, 14 de mayo de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... SARA


Ola Sara, un día decidiches realizar unha ruta senderista. Por que?

Dixéronmo Isabel e Valentín e por iso empecei.

Que é para ti Amodiño?

Un club familiar, familiar!

Ás veces realizamos rutas un pouco máis duras. Acórdaste da que che resultou máis difícil?

Cando foramos a Belesar: Subiramos moito despois de comer e visitaramos unha adega.


Pinta un cadro senderista e descríbenolo

Unha mesa e todos comendo arredor que é o que a min máis me gusta.

Que cres que lle falta ao sendeirismo para ser a mellor actividade do mundo?

Pois non sei que lle faltará. Non sei que contestarche.

Dinos en dez palabras o que achega o sendeirismo na túa vida

Amizade, Compañeirismo, Unión, Amigos, Convivencia, Exercicio, Loita, Sacrificio, Don de Xentes, Enchentes.

A quen lle gusta máis o sendeirismo? A ti ou á túa irmá?

Empecei eu e animeina a ela: as dúas por igual.

Sara, gustaríanos moito que nos contases algunha idea que tes na cabeza para realizar no sendeirismo.

Nunca pensei que se puidese facer doutro xeito.

Se a Natureza é unha da mellores marabillas deste planeta azul, o sendeirismo é...

A segunda mellor MARABILLA.

Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo Amodiño?

Que sigades así. Facédelo de marabilla. Non teño queixa de ninguén, de ninguén.

viernes, 10 de mayo de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... OBDULIA


Ola Obdulia, queremos escoitarte unhas palabras profundas sobre o sendeirismo.
Estou encantada de ir convosco e ser do sendeirismo Amodiño. Eu son de pouca conversación.

Cal foi a ruta que máis che custou? Cóntanos un pouco.
Unha dos Ancares, con Ismael. Choveunos moito. Non levaba para cambiarme, e para José tamén foi a máis dura, estamo a dicir.
Agora levo os meus tenis e os meus pantalóns!!

Hai algunha ruta que conserves no lado máis alegre do teu corazón?
Gustáronme todas. A verdade, pásomo xenial. Unha moi bonita que fixemos a Taramundi, con baile de noite e ademais estaba Marcelino. Nunca me esquecerei.

Cres que o punto de vista
senderista achega á vida...?
Facer exercicio é moi bo e pasámonolo moi ben.

Se queremos organizar unha ruta no estranxeiro e che preguntamos, que nos suxires?
Iría de boa gana a Cuba.
Hai rutas de montaña, de ríos, de praias... Cal é o teu tipo de ruta favorita?
É polo río, encántame a tranquilidade. Gústame moito ir arredor do río.
Que sabor che gusta máis á hora do xantar senderista?
O Café.
En que cres que o sendeirismo axuda á saúde?
Camiñar, estar todos xuntos e pasalo ben.
Que lle dirías aos teus compañeiros os
senderistas?
Que sigan facendo rutas, que están moi ben.

Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo
Amodiño?
Unha boa Amizade.

martes, 7 de mayo de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... JULIÁN


Ola Julián, unha vez vinche achegarte ao sendeirismo cun amplo sorriso. Podo preguntarte por que?

Como non? Encántame camiñar e encántame a Natureza!!

Que é o que máis che gusta do sendeirismo?

O contacto coa Natureza, coñecer novas persoas, o exercicio físico ao camiñar... É san. Recoméndoo.


Serías capaz de convencer a un sedentario? Como?

Como podo contestar eu a iso? Realmente, son unha persoa algo sedentaria. Pero recoméndoo polo contacto humano coa xente, estar en contacto coa Natureza e vén moi ben a nivel físico e mental.

Como engancharías a xente nova?

Transmitíndolles a mesma sensación que eu sinto cada vez que fago sendeirismo, o boca a boca, os correos electrónicos,convenciendo de que é o camiño a seguir para manterse en forma.

Soñaches algunha vez que alguén ía entrevistarte?

Non, nunca. A verdade é que nunca crin que unha persoa anónima como eu puidese ser entrevistada.

Tes algún sono senderista?

Realizar unha ruta Polos Ancares ou unha de dous días para reunirnos todos. Un fin de semana para que ademais nos coñezamos e humanicemos mellor

Cal é a túa filosofía senderista?

A de manterme en forma, contacto coa Natureza, coñecer novas persoas, ter a mente aberta a novas circunstancias: É moi positivo o sendeirismo!!

Es dos que bailan baixo a chuvia ou dos que camiñan baixo o sol?

Prefiro nin camiñar baixo a chuvia nin bailar baixo o sol. Prefiro un día anubrado porque non quenta o sol para cansarse pronto, nin a chuvia para cansarse de camiñar dun xeito non tan prácido.


Se tiveses que cantar unha canción, cantarías....

(Ri) Oliñas veñen e van, E que a Rianxeira non se vaia nunca da terra!


Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Espero que siga así de ben, fomentando o sendeirismo con novas actividades e novas propostas. Que siga o proxecto adiante porque o vexo moi positivo.