viernes, 26 de diciembre de 2014

SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA E FELICES FESTAS

Ola,


O Club Deportivo Amodiño quere expresarche unha mensaxe cos mellores desexos de gratitude, bos sonos, unión familiar, desfrute da vida, gastronomía intensa, amor fraterno, economía sostible, sosego no sendeiro, en resumo, deséxate que desfrutes dunha mente sa e equilibrada nun corpo san e saudable.

E queremos aproveitar para informarte que o ano pasado agradecemos a súa confianza á Deputación da Coruña pola subvención concedida e este ano volvemos facelo.

                                                                                                     Grazas á súa vontade de fomento do deporte para todos na provincia da Coruña vimos aprobado o noso proxecto para equipamento de 3.179,22 € para o que nos ofrecen un importe de subvención de 2.198,75 €.

                                                                                                     Evidentemente, agora habemos de xustificar as compras do material solicitado e certificar que investimos o diñeiro conforme a presuposto e calculamos que entre maio e xuño do ano 2015, unha vez comprobada as nosas facturas, a acreditación do material recibido e a memoria xustificativa, a Deputación da Coruña procederá ao aboamento da mencionada axuda.

Mentres tanto, contamos co voso apoio, apoio sen o que non teriamos podido dispoñer dos fondos necesarios para realizar o investimento. Por iso, queremos darte as grazas por participar nas nosas actividades de sendeirismo e/ou pilates, por colaborar nas nosas iniciativas como o Agasallo Amodiño ou as diferentes rifas, por adiantar a vosa renovación como socios, por animarnos en cada nova idea ou proxecto,…, en fin por pertencer a esta Comunidade Amodiño, a este Club Deportivo Amodiño, que tantas satisfaccións nos reporta.

Estamos convencidos de que mellorar a nosa calidade de vida con Pilates ou co sendeirismo vai máis alá que unha simple inscrición nunha lista, porque compartir as nosas vidas con tantas persoas diferentes, de diferente idade, de diferentes ideas, de diferente formación, non fai senón enriquecer as nosas experiencias e emocións xuntos, e por iso, unha paisaxe do mar ou do río ou da montaña ou un novo exercicio de Pilates non son o mesmo se non o gozamos con Amodiño.
Por todo o explicado, procede que coñezas de primeira man en que investimos este esforzo, é o momento da primeira rendición de contas relacionada coa subvención para equipamento concedida pola Deputación da Coruña, a primeira porque no primeiro trimestre do ano que vén realizaremos en Asemblea Xeral un balance económico detallado correspondente ao ano 2014 do Club Deportivo Amodiño.

Mentres tanto, velaquí o material incorporado ao noso inventario, o inventario do Club Deportivo Amodiño:
Ø MOBLE ACTIVIDADE PILATES
Solicitamos 300,00 euros.

Ø MOBLE PARA XOGOS TRADICIONAIS
Solicitamos 150,00 euros.
 
En mobiliario aínda nos falta por completar uns tiradores e un fecho pero xa temos Invertido 620 €. O importante é que imos contar con 2 xogos da rá co seu moble robusto e cun sistema de ancoraxe segura e ao mesmo tempo portátil. Ademais, a intervención do noso benquerido amigo León permítenos dispoñer doutro moble parecido ao fotografado arriba cumprindo as nosas expectativas de almacenaxe para Pilates e para os Xogos Tradicionais.
Para dotar a actividade de pilates precisamos dun moble que garde os colchóns e útiles da actividade, así como de outro moble que garde os xogos tradicionais que adquirimos este ano e o ano pasado coa axuda da subvención 2013 da Deputación da Coruña. Ditos mobles ubicaranse nun espazo cedido polo Centro Cívico do Castrillón na Coruña.




Ø SISTEMA DE POSICIONAMENTO GLOBAL
Solicitamos 499,00 euros. Investimos 545,00 €
 


Sistema de posicionamento global que nos permita a busca de rutas de sendeirismo, que nos facilite a elección do comezo e o remate das rutas, as indicacións máis idóneas para os condutores de bus e, pasados os meses, o repaso das diferentes travesías xa realizadas para a súa repetición. Así mesmo, consideramos que é un dispositivo importante adicional de seguridade para o recoñecemento e cartografías das rutas.











Ø CÁMARA FOTOGRÁFICA CON FUNDA
Solicitamos 600,00 euros. Investimos 600,00 €.
O reflexo gráfico das paisaxes coruñesas provinciais e galegas, así como de todas as actividades realizadas polo club: un evento na rúa, a entrega dun premio, a visualización dos xogos tradicionais..., para o que resulta  moi útil una camara fotográfica.

Ø OFFICE PROFESIONAL 2013
Solicitamos 539,00 euros. Investimos 539,66 €
 
Na medida que avanzamos no desenvolvemento deste club deportivo, vémonos na necesidade de  dotalo con máis medios tecnolóxicos, por exemplo, dispoñer dunha base de datos potente.

Ø IMPRESORA BAIXO MANTEMENTO
Solicitamos 250,00 euros. Investimos 250,00 €.
 
Para poder imprimir sen a necesidade de acudir a unha copistería.

Ø VIDEOPROXECTOR MÁIS BOLSA DE TRANSPORTE Solicitamos 450,00 euros. Investimos 450,00 €.
 
Dispoñer dun proxector que mellore as clases teóricas de pilates ou a explicación dos nosos proxectos aos
SOCIOS.

Ø XOGOS DE RÁ (DÚAS UNIDADES)
Solicitamos 200,00 euros. Investimos 200,00 €.
Ø FICHAS XOGOS DE RÁ (VINTE UNIDADES)
Solicitamos 36,00 euros. Investimos 36,00 €.
 

Ø PARES DE ZANCOS (SEIS UNIDADES)
Solicitamos 180,00 euros. Investimos 180,00 €.
 

Ø COMBAS DE MADEIRA (SEIS UNIDADES)
Solicitamos 39,00 euros. Investimos 51,00 €
 
Completar os xogos tradicionais que xa temos cos zancos, os aros e o xogo da e as combas de madeira, parécenos moi axeitado para a mellora do seu fomento entre os nosos asociados e simpatizantes.

                                                                                                                                Estamos moi agradecidos á Tenda de xoguetes Oriente9 de Valladolid porque nos regalou 2 aros como o que ves na fotografía e nos doou para o Club 10 fichas do xogo da rá e 1 comba ademais do pedido realizado.
Desexamos que todo este equipamento dun valor superior de máis de 3.400 € con Iva Engadido contribúa a mellorar a comunicación entre nós, nos divirta mentres realizamos exercicio, nos garde os nosos aparellos, nos imprima os nosos carnés e as nosas contas, nos proxecte as nosas estatísticas, estudos, actividades e contas e fotografe os nosos mellores momentos.
Por certo, queres un calendario de sobremesa do Club Deportivo Amodiño?


Pois podes conseguilo comprando 2 participacións do Agasallo Amodiño que podes pedir a calquera membro de xunta directiva ou solicitar a través do noso correo electrónico ata o día 7 de xaneiro do ano 2015.

                                                                Tamén podes adquirilos aboando 2,00 € por cada unidade.


Feliz Nadal e Próspero Ano Novo.

Juan Miguel Varela
Presidente Club Deportivo Amodiño.