miércoles, 19 de junio de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... CARLOTA

Ola Carlota, por que che gustan as rutas duras?

Porque se fai exercicio e ao mesmo tempo non sei que 
contestarche.

Que achégache o sendeirismo?
En primeiro lugar, enerxía e en segundo, o coñecemento de persoas coas que compartir unha afección.

Tes unha ruta ideal?
As rutas polas beiras dos ríos ou zonas onde se vexa o mar. Aínda que tamén as zonas de bosque. Calquera ruta me gusta.

Cal é o tempo no que te encontras mellor para realizar sendeirismo?
Un día claro, e con tal de que non chova, calquera día é bo.

Dános dúas suxestións para a xunta directiva do Club DeportivoAmodiño.
Saír pola mañá... e pola tarde dedicalo a visitar un sitio interesante: un mosteiro, un edificio histórico, unhas ruínas... Outro día quedar para comer un bo leitón ou cordeiro.

Un día levántaste e tes unhas ganas tolas de camiñar. Onde vas?
Voume ata Cambre e vou dende Cambre a Cecebre ida e volta por cada beira.

Sérveche o sendeirismo como musa para pintar os teus cadros? Por que?
Porque as paisaxes sempre son moi interesantes: Sempre ves cousas diferentes que che gustan. As cores de outono, primavera,… multitudes de verdes diferentes...

Fixeches sendeirismo fóra de Galicia? Onde?
Fóra de Galicia non, pero en Ourense encantábame camiñar de nena cos meus primos.

Que te consideras? Paseante avantaxada, camiñante aventureira ousenderista a tope?
Aí si que me pillas. Máis paseanta, ou mellor caminanta, que me gusta máis camiñar. Gústame levar un ritmo máis rápido.

Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?
Que sigamos gozando todos xuntos das rutas e que sigamos realizando rutas interesantes como ata agora.