lunes, 21 de octubre de 2013

RUTA16: SENDEIRO DE VISANTOÑA, CONCELLO DE SANTISO




















CONVERSAS NO CAMIÑO CON... CHUS

Ola Chus, explícanos por que vas camiñar con Amodiño?
Pola xente tan especial que hai
Cres que as rutas son suficientemente duras para ti?
Poderían ser máis duras, pero a min chéganme, eh?.
 

Dános cana!, que máis podemos facer?
Iso das viaxes está moi ben: O dos balnearios nunha rifa.
Cal foi a ruta que máis che gustou na túa vida?
Houbo moitas nas que mo pasé moi ben, pero quizais a da comida de Cospeito, na que mo pasei moi ben e me encantou a comida.
Cal foi a ruta na que máis sufriches?
Coas de Amodiño paréceme que non, pero nunha polo río Pedras:  Tiven maniotas para tres días!!
A Bárcenas gústalle o sendeirismo e a montaña. Eu pensei que nunca habería un senderista malo. Ti que opinas?
Para o meu que Bárcenas é un senderista malo, do peor.
Supoño que algunha vez soñas mentres dormes. Tiveches algún sono ou pesadelo senderista?
Gustaríache telo?
Non e Non.
Gústache moito o sendeirismo. A quen máis, a ou á túa irmá Sara?
Eu creo que ás dúas, pero máis a ela, en principio.
Se puidésemos ir a calquera parte do mundo a practicar sendeirismo. Onde iriamos?
A Brasil, iso está pendente.
Por último, Que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?
Que siga igual e mellor. Pero se segue igual, xa me conformo.