lunes, 29 de abril de 2013

RUTA 7: AS SALINAS DE ULLÓ E OS MUIÑOS DE VILABOA



























CONVERSAS NO CAMIÑO CON... DANIEL


Ola Daniel, es moi deportista e ademais de alto nivel, non che queda o sendeirismo pequeno?
Que vai quedar pequeno, a medida!. Son de baixas revolucións!


Cres que a tecnoloxía serve para cumprir os obxectivos saudables do sendeirismo?
O GPS por exemplo. Penso que si, polo menos para non se perder no monte. É unha boa axuda.

Cres que o Club Deportivo Amodiño está capacitado para organizar unha ruta no Aconcagua?
(ri) Igual está preparado pero píllanos demasiado lonxe e economicamente sairíasenos de presuposto. Quen nos vería subir alí, tan arriba?

Imos lentos pero seguros. Segundo o teu parecer, Cal é a media de quilómetros a realizar nunha hora por un senderista de Amodiño?
Penso que 4 Km Están ben. É un bo ritmo, gozando da vista. Se vas correr, mellor nun maratón. Trátase de GOZAR.

Estamos nun camiño PERDIDOS sen saber por onde ir, que propós?
Tirar cara a algún lado. Non sei. Tirar para adiante, preguntar, e que nos digan que fagamos máis quilómetros dos debidos. Vaia pregunta me fas!

Se a música amansa as feras pero motiva os perversos cantantes. Por que levas unha harmónica contigo?
Levo unha harmónica porque me gusta, se pode facer festa e amansa ás feras, e aos perversos cantantes hai que seleccionalos. Imos ser senderistas con coro. A xente quere cantar e por iso realiza sendeirismo.
E outra de música. Para cando un recompilatorio de cancións que recolla o espírito senderista Amodiño?
Estamos a facer unha selección. A ver se Ricardo selecciona algunha. E logo copias para todos. Fai falta practicar moito.

Que pensas do medio ambiente en Galicia?
Aínda quedan montes bonitos pero muíños..., tanto muíño de vento! A paisaxe estase a perder bastante.

Escolle un lugar no mundo para practicar sendeirismo.
Galicia, onde estamos. Me queda moito por ver. A Ribeira do Sil aínda non a coñezo.


Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?
Que siga máis ou menos como agora a boa harmonía, como dunha gran familia. Pásoo ben con Amodiño e a partir deste momento que sexa parecido tamén.

miércoles, 24 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... MARISIÑA


Ola Marisa, un bo día botáchesche a andar e....

...Vou probar se podo andar, gustoume e entón repetín.

Que te consideras? Paseante, camiñante ou senderista?

(ri) Camiñante e senderista. Como a 


pasear non temos moito tempo...

Cal foi a ruta na que máis gozaches?

Foron tantas que agora como vou saber. Na dos dous días que fun rimos moito. Na de Taramundi e na que lle puxemos a placa a Marcelino en León.

E cal na que máis sufriches?

Na que máis custa houbo. A que levara Ricardo nun túnel e quedei na metade do camiño, na mina do Caurel.

Que suxerirías á xunta directiva do Club Deportivo Amodiño?

Pois imos ver, tiña algunha suxestión. Ah! A ruta de cidade unha vez ao mes por onde nos dese a gana.

Para a miña comodidade que quitaran as costas do sendeirismo, como non pode ser, por iso non o digo.



Que é o que menos che gusta dunha ruta de sendeirismo?

Que faga moito vento e moita chuvia porque non gozas das vistas.



Imaxínate que podes mandar moito, moito... Que ruta nos prepararías?

Unha ruta especial contigo a Brasil.

Ah! Pero quero dicir con Todos.

E unha que sexa de río e por camiño preparadiño, que son moi bonitas.



Que recordos máis entrañables recordas?

Todos son bonitos, Podo  dicir que todos son bonitos, todos.

Descríbenos que nos pode pasar se non facemos sendeirismo.

Pódenos pasar, dígoo polo meu, un domingo na casa sentados no sofá vendo películas.



Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Pois que teñamos moitos socios e que todo siga funcionando como ata agora e cada vez un pouquiño mellor. Que siga igual que está todo moi ben.

viernes, 12 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... JUAN




Ola Juan. Esta pregunta é obrigada: que tipo de ruta prefires?

Calquera, eu con tal de ir coa xente atópome moi ben. Menos brandas, gústanme todas



Resume en poucas palabras qué significa para ti o sendeirismo?

(Ri) A liberdade do camiño verdadeiro en compaña de seres humanos moi especiais.



Segundo ti, cales serían as calidades de un bo senderista, tendo en conta a familiaridade que nos caracteriza no eido deportivo?

Ten que ser unha persoa con moita calidade humana, que sexa capaz de pensar noutras persoas ademais de si mesmo, que José Luis Sampedro signifique algo máis que un simple escritor, e que teña un pouco de revolucionario, que loite pola súa familia e que non lle asusten as novidades, coñecer novos mundos e novas persoas. En definitiva, que sexa xente capaz de atoparse a gusto nas rutas de Amodiño.



Canto tempo levas adicándote ao sendeirismo e por que comezaches?

Oficialmente levo máis de doce anos pero penso que sempre me gustou ata cando era pequeño, e animeime porque cando se organizou o vin moi claro. Todo isto o soñei.



Que pensas acerca do sendeirismo e a sensibilización pola natureza na nosa terra.

Penso que hai moito que facer e penso que cada vez hai máis xente que queremos que a natureza se respecte. Pero aínda teriamos que ser moitos máis. Confío no ser humano. Creo que gañaremos os que defendemos a natureza, pero coido que hai moitos que no lo han poñer moi difícil.



Se tiveses que elixir un lugar no mundo para camiñar... cal sería?

A volta a Galicia en 80 días.

Fuches o principal impulsor dunha idea que aínda non tiña nome. Que foi o que te levou a apostar pola creación de Amodiño?

Xa tiñamos os senderistas, tiñamos o espírito, tiñamos todo, o único que había que facer era transformalo nun feito.



Fálanos dun soño para o Club Deportivo Amodiño.

Ir a Brasil a facer sendeirismo no Macizo do Pau, coincidindo co “carnaval”



A curto prazo, seriamos capaces de organizar outras actividades deportivas (pilates, ioga, ximnasia...)?



Eu penso que si. Está nas nosas mans.





Unha das cousas máis urxentes para o noso Amodiño sería ter unha canción de referencia. Ti que es moi bo nos temas de composición e música, serías capaz de preparala?

Home, quen de preparala sei que si. Pero preciso o apoio da xente. Teño moitas ideas na cabeza, pero necesito o apoio da xente para que me inspire.





Un socio senderista do que non podo revelar o nome, suxeriu a idea e facer unha ruta naturista con final nunha praia nudista. Ti como presidente do Club Deportivo Amodiño, que opinas?



O que a queira realizar, paréceme ben. Eu teño moita vergoña, non me atrevo.



Que che parece a idea de instaurar un carné de socio por puntos?



(Ri) Paréceme estupendo, para os que cheguen tarde á hora de xuntarnos no autobús, para os que adianten ao guía, aos que querendo axudar lesionan aos sendeiristas...





Un segredo confesable.



Traballando para o Club Deportivo Amodiño son feliz.


domingo, 7 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... BEGOÑA


Ola Begoña, cal foi a primeira vez que fixeches sendeirismo?


Foi con 24 anos, con Iar, unha ruta de monte baixo.


Cal é a túa ruta de sendeirismo ideal?


Unha ruta económica co Conde Lequio e con Sánchez Gordillo e guiada por Urdangarín e todos pedindo polo camiño.


E a túa ruta favorita?



Unha marítima e unha de montaña



Como animarías a xente nova a realizar sendeirismo?


Pedindo unha subvención ao Concello ou Deputación para sufragar os gastos de publicidade da devandita actividade., apagándolles o teléfono móbil, o Whashap e obedecendo os pais para que vaian ás rutas.


Que suxíreche Sendeirismo?


Participación, comunicación, andar, coñecer xente do barrio, ver sitios bonitos. Gústame o sendeirismo e os senderistas de Amodiño que son os mellores.



Fálanos dos teus senderistas preferidos.



Ai, non por favor! Son todos favoritos!



Imaxina unha ruta de dous días, como a prepararías?



Só imaxino o paro, os políticos, o autobús, teño a mente noutras cousas.


Que música che gusta escoitar no autobús?



As cancións dos senderistas, Oliñas veñen..., Vivir na Coruña que bonito é..., facer o traxecto do bus, facelo participativo con música, fotos. As cancións que non valen nada pero que son mazo güays e que canta Juan.


Que suxires ao Club Deportivo Amodiño?



Que se manteña e que as rutas sexan de calidade e económicas e que siga habendo comunicación entre todos: O que estades a facer agora.


Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo Amodiño?


Encontrar o home da miña vida.


lunes, 1 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... BERTA


Ola Berta, Cal foi a túa primeira ruta de sendeirismo e quen te animou a realizala?

Animoume Luisa Losada, son amiga dela. Empecei na festa no río Miño en Meira.

Como cres que pode influír o sendeirismo na saúde física e mental das persoas?

Na física moito, e na mental, eu que traballo con enfermos mentais, para min é fundamental: A mellor medicina.

Dinos en sete palabras o que che suxire realizar unha ruta.

Relax, liberdade, compañeirismo, benestar, Natureza, exercicio, e a madruga do domingo.


Imos soñar, A onde nos imos de ruta?

Calquera sitio me vale habendo bo ambiente. Gustaríame unha ruta a Illa de ONS, dous días, en barco, e outra nos Ancares, ou no Courel ou nos Picos de Europa.

Se es médico, recéitanos o sendeirismo.

Je, Je... como médico.

Bo para a cabeza, descargas a mala leite, ben para a circulación, ben para as costas, ...cando veño chego moito mellor,... é san: Achega todos os valores sans.



Canto máis sendeirismo fas, máis...

... Quero facer. Así de claro. Sempre penso na seguinte. Aínda non faltei a ningunha.


Sabes se temos que aprender doutras comunidades sobre sendeirismo?

Non o sei, a verdade. Pero sempre se aprende.

Pero aquí somos uns privilexiados para facer sendeirismo. E non temos nada que envexar.



Cal é a túa dieta ideal para gozar no xantar senderista?

A ver, penso que cada un leva o seu e despois compártese todo. Xa conto co biscoito de Marisol. Estamos como nunha festa: Gozamos todos compartindo cousas.


Cres no espírito senderista?

Si, eu creo que si, que imprime carácter: o carácter propio de Amodiño. Estou convencida.

Por último, Que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Que siga como estamos. Non me queixo para nada. Seguir facendo rutas novas. Faremos rutas para liberar a xunta directiva. Traballar para levar máis xente. Estamos a funcionar moi ben.