lunes, 29 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... DANIEL


Ola Daniel, es moi deportista e ademais de alto nivel, non che queda o sendeirismo pequeno?
Que vai quedar pequeno, a medida!. Son de baixas revolucións!


Cres que a tecnoloxía serve para cumprir os obxectivos saudables do sendeirismo?
O GPS por exemplo. Penso que si, polo menos para non se perder no monte. É unha boa axuda.

Cres que o Club Deportivo Amodiño está capacitado para organizar unha ruta no Aconcagua?
(ri) Igual está preparado pero píllanos demasiado lonxe e economicamente sairíasenos de presuposto. Quen nos vería subir alí, tan arriba?

Imos lentos pero seguros. Segundo o teu parecer, Cal é a media de quilómetros a realizar nunha hora por un senderista de Amodiño?
Penso que 4 Km Están ben. É un bo ritmo, gozando da vista. Se vas correr, mellor nun maratón. Trátase de GOZAR.

Estamos nun camiño PERDIDOS sen saber por onde ir, que propós?
Tirar cara a algún lado. Non sei. Tirar para adiante, preguntar, e que nos digan que fagamos máis quilómetros dos debidos. Vaia pregunta me fas!

Se a música amansa as feras pero motiva os perversos cantantes. Por que levas unha harmónica contigo?
Levo unha harmónica porque me gusta, se pode facer festa e amansa ás feras, e aos perversos cantantes hai que seleccionalos. Imos ser senderistas con coro. A xente quere cantar e por iso realiza sendeirismo.
E outra de música. Para cando un recompilatorio de cancións que recolla o espírito senderista Amodiño?
Estamos a facer unha selección. A ver se Ricardo selecciona algunha. E logo copias para todos. Fai falta practicar moito.

Que pensas do medio ambiente en Galicia?
Aínda quedan montes bonitos pero muíños..., tanto muíño de vento! A paisaxe estase a perder bastante.

Escolle un lugar no mundo para practicar sendeirismo.
Galicia, onde estamos. Me queda moito por ver. A Ribeira do Sil aínda non a coñezo.


Por último, que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?
Que siga máis ou menos como agora a boa harmonía, como dunha gran familia. Pásoo ben con Amodiño e a partir deste momento que sexa parecido tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario