lunes, 1 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... BERTA


Ola Berta, Cal foi a túa primeira ruta de sendeirismo e quen te animou a realizala?

Animoume Luisa Losada, son amiga dela. Empecei na festa no río Miño en Meira.

Como cres que pode influír o sendeirismo na saúde física e mental das persoas?

Na física moito, e na mental, eu que traballo con enfermos mentais, para min é fundamental: A mellor medicina.

Dinos en sete palabras o que che suxire realizar unha ruta.

Relax, liberdade, compañeirismo, benestar, Natureza, exercicio, e a madruga do domingo.


Imos soñar, A onde nos imos de ruta?

Calquera sitio me vale habendo bo ambiente. Gustaríame unha ruta a Illa de ONS, dous días, en barco, e outra nos Ancares, ou no Courel ou nos Picos de Europa.

Se es médico, recéitanos o sendeirismo.

Je, Je... como médico.

Bo para a cabeza, descargas a mala leite, ben para a circulación, ben para as costas, ...cando veño chego moito mellor,... é san: Achega todos os valores sans.



Canto máis sendeirismo fas, máis...

... Quero facer. Así de claro. Sempre penso na seguinte. Aínda non faltei a ningunha.


Sabes se temos que aprender doutras comunidades sobre sendeirismo?

Non o sei, a verdade. Pero sempre se aprende.

Pero aquí somos uns privilexiados para facer sendeirismo. E non temos nada que envexar.



Cal é a túa dieta ideal para gozar no xantar senderista?

A ver, penso que cada un leva o seu e despois compártese todo. Xa conto co biscoito de Marisol. Estamos como nunha festa: Gozamos todos compartindo cousas.


Cres no espírito senderista?

Si, eu creo que si, que imprime carácter: o carácter propio de Amodiño. Estou convencida.

Por último, Que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Que siga como estamos. Non me queixo para nada. Seguir facendo rutas novas. Faremos rutas para liberar a xunta directiva. Traballar para levar máis xente. Estamos a funcionar moi ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario