viernes, 12 de abril de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON ... JUAN




Ola Juan. Esta pregunta é obrigada: que tipo de ruta prefires?

Calquera, eu con tal de ir coa xente atópome moi ben. Menos brandas, gústanme todas



Resume en poucas palabras qué significa para ti o sendeirismo?

(Ri) A liberdade do camiño verdadeiro en compaña de seres humanos moi especiais.



Segundo ti, cales serían as calidades de un bo senderista, tendo en conta a familiaridade que nos caracteriza no eido deportivo?

Ten que ser unha persoa con moita calidade humana, que sexa capaz de pensar noutras persoas ademais de si mesmo, que José Luis Sampedro signifique algo máis que un simple escritor, e que teña un pouco de revolucionario, que loite pola súa familia e que non lle asusten as novidades, coñecer novos mundos e novas persoas. En definitiva, que sexa xente capaz de atoparse a gusto nas rutas de Amodiño.



Canto tempo levas adicándote ao sendeirismo e por que comezaches?

Oficialmente levo máis de doce anos pero penso que sempre me gustou ata cando era pequeño, e animeime porque cando se organizou o vin moi claro. Todo isto o soñei.



Que pensas acerca do sendeirismo e a sensibilización pola natureza na nosa terra.

Penso que hai moito que facer e penso que cada vez hai máis xente que queremos que a natureza se respecte. Pero aínda teriamos que ser moitos máis. Confío no ser humano. Creo que gañaremos os que defendemos a natureza, pero coido que hai moitos que no lo han poñer moi difícil.



Se tiveses que elixir un lugar no mundo para camiñar... cal sería?

A volta a Galicia en 80 días.

Fuches o principal impulsor dunha idea que aínda non tiña nome. Que foi o que te levou a apostar pola creación de Amodiño?

Xa tiñamos os senderistas, tiñamos o espírito, tiñamos todo, o único que había que facer era transformalo nun feito.



Fálanos dun soño para o Club Deportivo Amodiño.

Ir a Brasil a facer sendeirismo no Macizo do Pau, coincidindo co “carnaval”



A curto prazo, seriamos capaces de organizar outras actividades deportivas (pilates, ioga, ximnasia...)?



Eu penso que si. Está nas nosas mans.





Unha das cousas máis urxentes para o noso Amodiño sería ter unha canción de referencia. Ti que es moi bo nos temas de composición e música, serías capaz de preparala?

Home, quen de preparala sei que si. Pero preciso o apoio da xente. Teño moitas ideas na cabeza, pero necesito o apoio da xente para que me inspire.





Un socio senderista do que non podo revelar o nome, suxeriu a idea e facer unha ruta naturista con final nunha praia nudista. Ti como presidente do Club Deportivo Amodiño, que opinas?



O que a queira realizar, paréceme ben. Eu teño moita vergoña, non me atrevo.



Que che parece a idea de instaurar un carné de socio por puntos?



(Ri) Paréceme estupendo, para os que cheguen tarde á hora de xuntarnos no autobús, para os que adianten ao guía, aos que querendo axudar lesionan aos sendeiristas...





Un segredo confesable.



Traballando para o Club Deportivo Amodiño son feliz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario