miércoles, 24 de septiembre de 2014

RUTA 30: CANGAS-MOAÑA-NERGA




RUTA LITORAL  MOAÑA-CANGAS-NERGA.
                           21 de Setembro de  2014
Ruta de interése paisaxistico, historia, mar, aves, natureza e praias.
(Imprescindible levar linterna e recomendable prismáticos e bañador)
10,30 horas.
Almorzo  en Moaña (cafeterías varias)
Pan en Moaña (panaderías varias)
11,00  horas.
Saída  da ruta: Porto e Praia de O Con (Moaña).
Chegada da ruta: Praia de Nerga (Cangas).
Percorrido: Ruta paseniña de camiñar, totalmente chá,  pegadiños ó mar e contemplando constantemente a belísima paixase da ria de Vigo dende o litoral do Morrazo , tomando protagonismo as praias de  Moaña e Cangas.
 A dividiremos en tres tramos: Moaña-Cangas, Cangas Liméns e Liméns-Nerga.
Primeiro tramo : Partiremos do Porto e Praia de O Con, toparemos coa eirexa de estilo románico de San Xoan de Tirán (eiquí fàlase da cova da londra) e seguiremos camiñando polas  praias de Cortés, Vilela, Niño de Corvo, Canaval, ata chegar a de Rodeira, xa en Cangas.
A nosa andaina levaranos a dous espacios singulares:  Una concentración de rochas  vauneritas  e unhas antigas naves de limpeza e reparación das cordas do mexilón  das bateas con actividade ocasional.
Segundo tramo:  Atravesaremos a vila de Cangas pola su praia urbana, A Rodeira, o seu porto deportivo ou tamén chamado de “Redeiras” (durante  os días laborais se pode admirar a estas mulleres sentadas nas redes apiladas cosendo en elas), polo porto pesqueiro e deixaremos atrás a vila adentrándonos na sua historia conserveira e admirando os vestixios, en ruinas, da impotancia de esta actividade nesta vila.
Falamos das factorías Masso, una conserveira e a outra de procesado da carne das baleas (despiece, aceite, etc.) hasta a prohibición da sua caza moitos anos atrás, hoxe punto importante de grafiteiros que o travexo de murais xigantes constantemente renovan as suas obras en pintura e que poderemos disfrutar.
Seguiremos andaina pegadiños as praias do Salgueirón, A Congorza, Do Medio, Areamilla, o antigo túnel de canalización de augas de Darbo,  afrontaremos as praias de Porto, Santa Marta e Liméns, os cantís, as bateas e ata unha furna  chamarán a nosa atención.
A estas alturas Amodiño ten que xantar. Para elo a cafetería do camping “Cangas” na Praia de Liméns poñerá a nosa disposición varias mesas. En compensación,  e sempre ó que lle apeteza, sin obrigación, consumiremos a cerveciña ou o café namentras xantamos.
Neste punto e dado que estamos nunha praia cabe bañarse antes e despois do xantar.
Terceiro tramo:  Dende a praia de Liméns camiñeremos hasta a praia de Nerga, disfrutando da panorámica da bocana da ria de Vigo, as bateas, e as Illas Cíes de fondo.
Enlaces:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/22/5828777.shtml

Distancia a percorrer 13,00 kms.
Dificultade:  Baixa (casi toda a ruta é chá)
Xantar na Praia  de Liméns 14,00 horas (aprox.) Non é preciso cargar coa comida xa que imos ó encontro do Bus.
Despois do xantar: 
Continuaremos a Ruta co terceiro tramo.
As 18 horas damos por finalizada a Ruta e voltamos  no Bus e a Coruña.
COORDENADAS PARA O BUS:
Punto do almorzo e chegada a Moaña (Caseta Oficina de Turismo na Praia da Xunqueira):
(  N 42º 17’  16.56’’  /  W 8º 43’  47.26’’ )
Saida da Ruta: Porto de O Con (Moaña).
( N 42º 16’ 16.31’’    /  W 8º  44’ 33.37’’ )
Punto  1 de apoio do Bus: Praia da Rodeira (Cangas).
( N  42º 15’ 49.67’’  /  W  8º  46’ 31.08’’  )
Encontro co Bus para o xantar (Praia de Liméns):
( N  42º  15’ 36.11’’  /  W  8º  48’  44.68’’  )
FINAL da ruta (Praia de Nerga):
(N 42º  15’  24.53’’  /  W 8º  50’  1.20’’  )