viernes, 24 de octubre de 2014

RUTA 32: PIORNEDO-SUÁRBOL-MOREIRA EN ANCARES

RUTA POLOS ANCARES

Os Ancares constituen o límite natural entre Galicia e León e están delimitados polos ríos Navia, no lado galego e polo Sil na parte leonesa.
É una rexión montañosa con altitudes de ata 2.000 metros, literalmente bañada por ducias de ríos e regatos, prácticamente inalterada, ofrecendo un xeito de coñecer cómo era a vida das xentes non fai moitos anos.
Atoparemos lugares e aldeas, caseque sen xente, que conservan aquel “toque” que te leva a gozar dunha natureza sen contaminacións……..
Serán arredor de 10 quilómetros de dificultade baixa, con algún tramo por pista asfaltada (se non hai moita auga o tramo asfaltado será doado de facer).
Partindo de Piornedo, emblemático pobo dos Ancares galegos, onde poderemos visitar alguna das pallozas-museo na que a xente vivía ata fai moi pouco tempo. Rodeados deses montes e montañas colléremos camiño cara a Suárbol, pobo leonés nalgún tempo deshabitado, que hoxe pervive polo amor á terra de xentes orgullosas do seu. Seguiremos despois cara a Moreira, outro deses lugares coas súas pallozas (algunha co teito metálico -habería que verse no pelexo do propietario cando neva e estás a 7 ou 8 graos baixo cero), perdido no corazón da montaña luguesa.
En todo o noso camiñar veremos renombrados montes e montañas…, Mustallar, Cuiña, Pena Longa.
É una oportunidade de coñecer algo realmente sensacional que, estando tan perto, nin imaxinamos.
E xa de remate indicar que estaremos no corazón do concello de Cervantes onde ao parecer tivo o seu orixe o autor de D. Quijote de La Mancha.
Ao remate do correo poderedes ver unas fotos e máis un resumo sobre a posible orixe galega de Don Miguel de Cervantes Saavedra.
Será fantástico.
Apertas. Ricardo Rodríguez de Castro.
















































sábado, 18 de octubre de 2014

INFORMACIÓN SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Estimados socios,

Unha vez máis, temos que agradecer a confianza que deposita no Club Deportivo Amodiño a Deputación da Coruña porque queremos comunicarvos a resolución definitiva publicada no BOP do xoves 17 de xullo, n.º 135, no que se aproba a concesión dunha subvención para equipamento deportivo correspondentes ao programa F0104.



No noso primeiro ano de vida xa concedéranos unha subvención que nos permitiu a compra dun ordenador portátil, os nosos primeiros xogos tradicionais e os walkys talkies que levamos a sendeirismo. Podedes visitar o noso blog en:

http://clubdeportivoamodino.blogspot.com.es/2013/12/grazas-subvencion-concedida-pola.html

Agora, próximos a cumprir o noso segundo aniversario esta concesión por un valor de 2.198, 75 € permítenos mellorar o noso equipamento, algún xa o adquirimos, antes de final de ano.
E facémolo amodiño, dado que habemos de xustificar un gasto de 3.179,22 €.
As contas están feitas e saen porque contamos cunha boa campaña de socios do ano 2015 que sabedes que empezamos agora en novembro. E contamos coas diferentes actividades e iniciativas, nas que todos participamos, que contribúen a alcanzar maiores ingresos. (rutas urbanas, rifas, agasallo amodiño...)

A continuación detallámosvos para que equipamento pedimos á Deputación da Coruña unha axuda:

. 1 Moble para a actividade de Pilates
. 1 Moble para gardar os Xogos Tradicionais
. 1 Sistema de Posicionamento Global
. 1 Cámara Fotográfica con funda
. 1 Office Profesional 2013
. 1 Impresora de baixo mantemento.
. 1 videoproxector máis bolsa de transporte
. 2 xogos da ra
. 20 fichas para o xogo da ra
. 6 pares de zancos
. 6 cambas de madeira

A realidade que a todos nos debe congratular é que nos concederon TODO.

É UN ÉXITO DE TODOS PORQUE TODOS NOS ESFORZAMOS POR ESTE CLUB.

Se tivese que agradecer publicamente a todos os que dunha forma ou doutra fixestes algo polo club non chegaría o tempo dedicado a unha asemblea xeral.
E creo que procede neste momento agradecer á xunta directiva os seus desvelos e horas de traballo, que nunca se ven porque se gozan, por axudarnos a vivir este sono que se chama CLUB DEPORTIVO AMODIÑO.

Para nós é un compromiso moi importante recibir diñeiro público e o noso empeño é que toda a Comunidade que abrangue o Club Deportivo Amodiño sexa coñecedora e comparta coa xunta directiva a responsabilidade do bo uso e desfrute, conforme aos fins e obxectivos declarados nos nosos estatutos e asembleas xerais, duns fondos achegados por todos os cidadáns.
Un saúdo deportivo.
Juan Miguel Varela de la Torre
Presidente do Club Deportivo Amodiño.