martes, 12 de febrero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... GERMÁN


Ola Germán, hai varios anos xa que practicas o sendeirismo e queriamos preguntarche que ideas nos recomendas que utilicemos para convencer novos senderistas.

Eu penso que poucas porque está todo organizado e moi ben. Ademais xente encantadora. É o que hai.

Seguramente, xa na túa época de neno practicabas o sendeirismo sen sabelo. 
Recordas algunha ruta que realizases naqueles anos?

Ía á feira andando ata Meira, 27 Km de ida e outros 27 Km. de volta. E esa era unha das curtas. Nunca fun a Fonsagrada ata que me fun a medir para ir á mili. Pontenova estaba a 14 Km.

Os nativos da nosa zona, no río Rodil, mira que difícil é, foron a andar e unha rapaza esvarou e caeu nunha poza do río e tivo que vir un helicóptero que non podía recollela ata que veu un máis pequeno para salvala.

A miña parroquia é Carballido.

Germán e que zona de Galicia che gusta máis para practicar sendeirismo?

Métesme nun iso. Moi bonitas, moi bonitas, pero espectaculares no Miradoiro de Madrid sobre o río Sil. E gustoume moito a do MonteAloia. Precioso, precioso, cando dixo Marcelino: "Aquí non vimos a rebentarnos a andar. Vimos a gozar das paisaxes", "Si, Marcelino, tes razón, hai que gozar do que vemos"

Gustaríanos que se animase a xente nova e os nenos a practicar o sendeirismo e non sabemos como. Ocórreseche algunha idea?

Non sei que ideas se poden ocorrer. Que proben unha vez e verán como se animan a volver. Acórdaste da que fixemos a San Esteban de Ribas de Sil e que ían alucinados e preguntábanse por que non foran antes aqueles rapaces do instituto Moas?

Fálanos de Galicia e dos seus cambios. Cres que se coida mellor ao campo agora?

Non. Penso que non. Porque de onde somos nós os montes están sen limpar. Cheos de silvas e non se pode pasar.

Que zonas de España nos recomendas para practicar sendeirismo?

Calquera. Sobre todo en Galicia.

Que ruta de Galicia é a que máis che gustou?

A de Parada de Sil, quizais.

Que suxíreche 
Amodiño?

De onde son eu, ir devagar e gozar das paisaxes que dicía Marcelino. Estiven nas Medulas e acordeime moito del.

Cal cres que é o futuro do sendeirismo?

Que isto vai ir a máis. Ten que ir a máis. Non gastas diñeiro e gózalo.

Por último, como che gustaría que fose o futuro do Club Deportivo 
Amodiño?

Que seguise, que fose adiante. Doado coa xente que hai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario