lunes, 4 de febrero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... RICARDO




Ola Ricardo, gustaríanos coñecer que visión de futuro tes para o sendeirismo en Galicia, paréceche que é suficientemente valorado polos galegos?

Creo que si. Hai dous anos ou tres, igual non era a mesma resposta.

Sabemos que en máis dunha ocasión preparaches rutas enfocadas a todas as idades. Tes unha idea aproximada da ruta senderista máis axeitada? Que lle recomendas ao Club Deportivo Amodiño?

As rutas dun club do perfil de Amodiño é unha ruta dunha dificultade media-baixa de aproximadamente 17 quilómetros. Pódense facer outras cousas por un interese especial.

Tiveches algunha vez un soño senderista que non puideses realizar? Nólo contas?

Todos os meus soños senderistas os puiden realizar a pesar das cambadelas.

Se tiveses que preparar unha ruta en calquera sitio de España, onde levarías a un grupo de senderistas e por que?

Dis a calquera punto de España? É con trampa esa pregunta. Pois a Asturias, a Somiedo. Polo interese ambiental, paisaxístico e, sobre todo, para establecer unha comparación do respecto e cariño que ten a xente en Asturias con respecto á forma de actuar en Galicia.

Que teriamos que aprender en Galicia os grupos de senderistas dos de Castela e León ou Asturias?



Con respecto a Castela e León non o sei porque non coñezo ningún grupo de alí. En León parece que a Administración e as entidades locais e asociacións se teñen un interese e unha visión de desenvolvemento do mundo senderista e da Natureza.

Con respecto a Asturias é evidente que teñen un nivel e unha conciencia senderista envexable dende o punto de vista galego.

Recordo unha ruta moi chuviosa polas inmediacións de Carballo, vimos varias fervenzas e ti eras o guía, atréveste a preparar esta para o Club Deportivo Amodiño?

Home, claro, por suposto.
Para os que non o saiban indicar que na preparación desa ruta, na que me acompañaban Marisa e Julia Salgueiro caín no río, e cando ía polo aire caendo, o único que pensaba era salvar a máquina de fotos, o móbil e o GPS. Cousa que así aconteceu, non pode dicirse o mesmo das miñas posaderas.


Aconséllanos unha ruta de dous días.

De dous días? Pois tiña unha e non me acordo onde é, tiña a ruta do Cares pero non se pode facer cun grupo tan grande como este...

Imaxina que cincuenta e seis senderistas que te coñecen queren escoitar as túas palabras, que nos dis?

Ánimo! Senderistas, toda a Terra e dos Homes.
(fragmento dunha poesía de Rosalía de Castro con música de Amancio Prada)

Como é a túa vida agora que víchesche obrigado a deixar de practicar sendeirismo como quixeses debido aos teus problemas de mobilidade?

Moi triste. Opino que a práctica do sendeirismo debe ser proporcional pero continua á capacidade de cada un. Non se debe de abandonar.

Por último, Que esperas do Club Deportivo Amodiño no futuro?

Ben, pois que intente emular ata conseguir o que se conseguiu ata a data noutras circunstancias. Eu creo que está claro non?

1 comentario:

  1. Gracias Padre NIKONOR...
    Quizas las circunstancias cambien pronto y vuelvas a prepararnos alguna de esas rutas de "dos días de ensueño" que sólo tú sabes sacar del sombrero.
    Tal Merlín, tu embrujo volverá a transportarnos a experiencias que perdurarán en nuestra memoria como ya lo hacen aquellas que tu sabes. ..!!!
    Te deseo la salud indispensable para ello y que Marisiña nos perdone por adelantado nuestras hipotéticas trapalladas.
    Un abrazo.
    Manuel.

    ResponderEliminar