jueves, 7 de febrero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON .... MARI


Ola Mari, de onde sacas tanta enerxía para, durante moitos anos, pertencer a diferentes xuntas directivas que fomentaron e fomentan o sendeirismo?

Non é que saque forzas. Empecei con ilusión, e xa vai para doce anos. Son bastante optimista, agora non tanto. E sigo coa ilusión. Confío no futuro do Club Deportivo Amodiño.

Que é o que máis che gusta do sendeirismo?

O ambiente, compañeirismo, a xente comparte todo, ou case todo.

Dinos a ruta á que máis cariño tes e a ruta onde peor o pasaches.

É a de Taramundi... porque estaba Marcelino, eramos vinte e cinco, pasámolo moi ben..., o voto moito de menos, moito.

A que peor o pasei foi na da lea tan grande, Valporquero, acórdaste?

Sempre animaches moito para que as persoas practiquen sendeirismo, que lles dis?

Que somos boa xente, como unha familia, cos seus máis e cos seus menos, pero hai compañeirismo e somos como unha familia.

Por que queres tanto ao Club Deportivo Amodiño?

Porque é unha nova ilusión que espero que saia ben e a directiva somos boa xente. Estámolo a desexar.

Que soño che falta realizar no sendeirismo?

Ir a BRASIL.

Dinos todas as cousas boas que achéganche as rutas 
senderistas.

A ver como o podo expresar: Ter coñecido xente moi boa que me axudou nos momentos malos. E que coñezo sitios, camiño... en fin.

En que lugar de España, que non sexa Galicia, gustaríache realizar unha 
andaina?

Encantaríame por Extremadura e por Cantabria.

Cal é o teu ideal de ruta?

Dificultade Media, un pouquiño Alta. Son 60 anos.

E despois..., aínda que me gusta o mar, a dos Picos de Europa cos seus ríos, que me encantou.

Por último, que esperas do Club Deportivo 
Amodiño no futuro?

Que non se desmembre, que haxa unión, e que a xente nova aguante o máximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario