sábado, 9 de febrero de 2013

CONVERSAS NO CAMIÑO CON... ALEX



Ola Alex, por que che gusta o sendeirismo?

Porque me gusta a Natureza, gústame saír da cidade de cando en vez, lonxe da contaminación, coñecer xente nova e reencontrarme cos meus amigos senderistas.
Gozar dun día cheo de alegría xunto a eles e intercambiar experiencias.

Que cousas boas che achega?

(Ri.)

Cantos anos levas realizando sendeirismo? Algunha vez quixeches deixalo?

Pois levo dous anos seguidos pero empecei no 2003, estiven un ano completo e empecei no 2011. Son tres anos facendo sendeirismo.

No 2003 deixeino pero agora non me formulo deixalo.

Imaxina unha ruta e nóla contas.

Polos Picos de Europa, sendo de montaña, imaxínome que ao final da ruta descansamos todos nunha casa rural.

Como animarías a xente nova para que participase das nosas rutas?

Pois invitándoas a participar nas nosas celebracións porque ademais dun grupo senderista somos unha familia, e tamén a animaría porque hai xente de todas as idades, e sendo novos aprenderían da xente maior.

Que suxestións se che ocorren para que as teña en conta o Club Deportivo Amodiño?

Creo que está todo ben por agora. Suxeriría...., non sei, a verdade, estou moi contento de todo!.

Que é o que máis te amola nunha ruta?

Amólame por exemplo que a ruta se divida, é dicir, que se ande pola mañá e outra vez despois de comer. Gústame que sexa seguida e despois de comer, marchar.

Fálanos dos compañeiros e as compañeiras senderistas.

Paréceme que son unha xente estupenda, He compartido moitas cousas con eles, alegrías, tristuras, moitas experiências. Nunha palabra: paréceme que o Club transmite moita calor humana.

Cóntanos un soño senderista.

Non sei, esa parte é difícil.

Por último, que esperas no futuro do Club Deportivo Amodiño?

Espero que todo siga sendo igual, que a xente non cambie, que se una máis xente á nosa familia, espero que cumpramos todos os nosos obxectivos, quero dicir, que se cumpran outras actividades como os xogos tradicionais ou ben outros cursos como náutica. E que o Club madure, que o faga pouco a pouco, que cheguemos a ter un local propio e que se propague o noso espírito por todas as partes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario